Hoxe tivemos o pracer de compartir unhas horas con cativos e cativas de 4 anos do “C.E.I.P Vite 1″ de Santiago de Compostela, neste tempo que estivemos xuntos, coñecemos un pouco mais os traxes tradicionais galegos de gala, e que debido á colocación de unhas pezas de roupa sobre outras, semellan cebolas!.
Aquí vos deixamos unhas fotos das bonequiñas e bonequiños que fixeron ao mesmo tempo que aprendemos os nomes de cada unha das pezas de roupa do noso traxe tradicional:
Unha vez vestidos os nosos modelos, Noa e Alberte, continuamos facendo festa!tocando e bailando!
Unha mañá fantástica!