Tecendo novos soños…

Esta é a nosa proposta que foi seleccionada para formar parte do programa “Ler conta moito”. Neste caso, pretendemos axudar a nenos e nenas a soñar máis libres, libres de estereotipos de xénero que lles digan  que poden facer, querer, ser ou como deben actuar, por ser muller ou home.

Abrimos, esta actividade, cun teatro de sombras no que para descubrir como son as personaxes protagonistas da nosa historia, teremos que imaxinalas e debuxalas. Remataremos cunha actividade manual; a construción de un atrapasoños realizado con elementos naturais.

Incluimos como material complementario:

  •  Decálogo e lupa violeta detectora de estereotipos nos libros infantís e xuvenís.
  •  Listaxe de libros alternativos e recursos audiovisuais.
  •  Adhesivos para etiquetar libros.

Ten como destinatarios a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos, e unha duración de 90 minutos.

Se queres máis información…consúltanos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *