Seguridade na rede no centro Vilas Alborada

O día 19 realizamos a primeira xornada da actividade Seguridade na rede cos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria do colexio Vilas Alborada en Santiago de Compostela. Nesta sesión falamos sobre a difusión da nosa información persoal nas redes sociais.

Cunha actividade lúdica e de caracter práctico, reflexionamos sobre a perda de control da información que subimos a internet, das consecuencias da falta de ética no uso das redes sociais e de como facer un bo uso das mesmas.

Volveremos este venres 29 para continuar aprendendo, pero desta volta sobre a nosa Identidade dixital.

Mirade unhas fotos da sesión do día 19!

seg 1                seg2

seg3               seg4

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *