Quen es na rede?A identidade dixital

Presentamos esta actividade na que xogando con diferentes perfís das redes sociais máis empregadas, comprobaremos que o que se amosa nelas, non se corresponde, en moitos casos, coa realidade. Ademais, reflexionaremos sobre a cantidade de información que inconscientemente vertemos nas redes.

Todo isto empregando diferentes recursos e unha metodoloxía entretida e motivadora para estes nativos e nativas dixitais.

Destinatarios: nenos e nenas de 9 a 12 anos.

Duración: 50 minutos.

Se che interesa e precisas máis información, consúltanos sen compromiso!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *