Unha das nosas actividades complementarias

“UN CORPO 10? UN CORPO SAN” é o título dunha das actividades complementarias que ofertamos para organismos públicos e privados. Nela propoñemos que os nenos e nenas traballen coas imaxes estereotipadas dos corpos perfectos, os conceptos de éxito e beleza e a importancia da saúde. Todo con dinámicas activas e participativas que fomentan tamén a autoestima e o autoconcepto axustado. O noso corpo xa é un corpo dez!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *