O acoso escolar: análise e prevención

Dende Educultoras propoñemos:

“O acoso escolar: análise e prevención”

Na actualidade, considérase a existencia de tres factores implicados no acoso escolar: a persoa que acosa, a persoa acosada e as persoas que observan a escena. Nesta actividade trataremos estas tres perspectivas e ofreceremos claves e ferramentas que lle permitan ao alumnado previr, detectar e romper unha situación de acoso que, polas súas propias características, adoita pasar desapercibida para os adultos.

Para isto utilizaremos situacións imaxinarias a través de técnicas teatrais, que permiten crear un contexto protexido e, á vez, son altamente ilustrativas e pedagóxicas. Tamén empregaremos dinámicas que fomenten o sentimento grupal, a empatía, o respecto á diferenza ou a capacidade de pedir e dar axuda, por seren valores que preveñen e protexen fronte ao acoso escolar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *