E ti, como namoras?

Deseñamos esta actividade, “E ti, como namoras”, coa que pretendemos axudar a mozos e mozas a detectar e desmontar aqueles mitos do amor romántico que dificultan a construción de relacións de parella sas.

Para iso, vivenciarán e reverterán diferentes situacións cotiás a través dun percorrido simbólico que combina entretemento e toma de conciencia.

Deseñada para mozos e mozas de entre 12 e 15 anos, cunha duración de 50 minutos, se che interesa e queres máis información, consúltanos!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *