Actividades co Clube de Atletismo Fontes do Sar

Este curso 2015-2016 colaboramos co Clube de Atletismo Fontes do Sar, de Santiago de Compostela, impartindo a actividade de Predeporte destinada a nenos e nenas dos anos 2009 e 2010.

Ademais, ofrecemos unha aula de Apoio educativo para os cativos e cativas do clube, permitindo que as nais e pais que o desexen, poidan adestrar sen ningunha preocupación sobre o coidado dos seus fillos e fillas. Sen dúbida este servizo marca a diferenza co resto de clubes desta categoría.

Este é o enlace á web do Clube de Atletismo, paga a pena botarlle un ollo!

http://www.atletismofontesdosar.es/

 

Iria adestrando cos pequenos e pequenas de Predeporte

predeporte 1  predeporte2

 

Na aula de Apoio educativo

predeporte

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *