tres macetas

Nas festas do Barrio de San Pedro

Este ano tivemos a oportunidade de colaborar nas festas do Barrio de San Pedro en dous momentos, ollade! O xoves 30 de xuño presentamos o noso teatro de sombras “Tecendo novos soños”, foi unha tarde entretida para toda a familia!               Ademais o sábado 2 de xullo creamos unha “brigada” de Coidadorxs do barrio, coa que dun xeito moi creativo, recordamos as[…]

cartaz acoso escolar

O acoso escolar: análise e prevención

Dende Educultoras propoñemos: “O acoso escolar: análise e prevención” Na actualidade, considérase a existencia de tres factores implicados no acoso escolar: a persoa que acosa, a persoa acosada e as persoas que observan a escena. Nesta actividade trataremos estas tres perspectivas e ofreceremos claves e ferramentas que lle permitan ao alumnado previr, detectar e romper[…]

20160428_123848

2ªSesión Seguridade na Rede no Centro Vilas Alborada

O 29 de abril continuamos aprendendo sobre o uso seguro das redes sociais no Centro Vilas Alborada. Nesta sesión partindo de perfís inventados dunha rede social, analizamos os erros mais habituais no uso deste tipo de redes sociais, como por exemplo, o mal uso de fotos, excesiva información da vida diaria ou privada…pero tamén lles amosamos como[…]

seg5

Seguridade na rede no centro Vilas Alborada

O día 19 realizamos a primeira xornada da actividade Seguridade na rede cos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria do colexio Vilas Alborada en Santiago de Compostela. Nesta sesión falamos sobre a difusión da nosa información persoal nas redes sociais. Cunha actividade lúdica e de caracter práctico, reflexionamos sobre a perda de control da información que subimos a internet, das consecuencias da falta de ética[…]

predeporte 1

Actividades co Clube de Atletismo Fontes do Sar

Este curso 2015-2016 colaboramos co Clube de Atletismo Fontes do Sar, de Santiago de Compostela, impartindo a actividade de Predeporte destinada a nenos e nenas dos anos 2009 e 2010. Ademais, ofrecemos unha aula de Apoio educativo para os cativos e cativas do clube, permitindo que as nais e pais que o desexen, poidan adestrar sen ningunha preocupación sobre o[…]

slide_post

Quen es na rede?A identidade dixital

Presentamos esta actividade na que xogando con diferentes perfís das redes sociais máis empregadas, comprobaremos que o que se amosa nelas, non se corresponde, en moitos casos, coa realidade. Ademais, reflexionaremos sobre a cantidade de información que inconscientemente vertemos nas redes. Todo isto empregando diferentes recursos e unha metodoloxía entretida e motivadora para estes nativos[…]

jardin-de-amor

E ti, como namoras?

Deseñamos esta actividade, “E ti, como namoras”, coa que pretendemos axudar a mozos e mozas a detectar e desmontar aqueles mitos do amor romántico que dificultan a construción de relacións de parella sas. Para iso, vivenciarán e reverterán diferentes situacións cotiás a través dun percorrido simbólico que combina entretemento e toma de conciencia. Deseñada para[…]