Proxectos educativo-culturais

Se es un organismo de ámbito cultural (museo, asociación, colectivo de artistas…) e precisas unha proposta didáctica para achegar aos rapaces e rapazas calquera das temáticas que traballas, en Educultoras podemos deseñar e poñer en marcha proxectos educativos adaptados ás túas necesidades. Os nosos proxectos caracterízanse por fusionar o lecer coa aprendizaxe e outorgarlle un papel central á creatividade, ao traballo cooperativo, ás emocións e á curiosidade pola temática tratada.

Ponte en contacto con nós, cóntanos as túas necesidades e crearemos unha proposta personalizada, feita coa dedicación e rigor que demanda este público tan esixente.

cultura 2