Activ. complementarias


A violencia entendida como o exercicio inxusto e arbitrario de poder e de forza é, na nosa opinión, unha realidade cunha forte presenza na sociedade actual. Así, observamos acotío situacións de agresión contra as mulleres, contra os compañeiros e compañeiras, contra o propio corpo e contra a privacidade.

A constatación destas violencias (habitualmente normalizadas) unido ao convencemento do importante papel da sociedade para poder transformalas e erradicalas foron o punto de partida da elaboración das catro actividades complementarias que presentamos a continuación:

◊ Coeducación: rompemos roles e estereotipos

pelota

Mediante dinámicas activas e participativas, visibilizaremos os roles e estereotipos de xénero (arredor de tres ámbitos: xoguetes, profesións e amor romántico) para ofrecer ferramentas que transformen a realidade e posibiliten o desenvolvemento integral de homes e mulleres e a súa convivencia xusta e pacífica.

 

◊ Un corpo 10? Un corpo san

kiwi

O obxectivo desta actividade consiste en detectar e romper as relacións entre os canons de beleza predominantes e o éxito, ao tempo que se realizan dinámicas preventivas que favorecen a creación dun autoconcepto axustado e dunha autoestima forte.

 

◊ Coñecer a rede, navegar seguro

ordenador

A rede é un ecosistema virtual que nos interconecta, con aspectos positivos e negativos. Esta actividade propón a creación colectiva por parte dos nenos e nenas, nativos e nativas dixitais, de coñecementos e orientacións que os guíen nun uso seguro das tecnoloxías da información e comunicación.

 

◊ Acoso escolar: análise e prevención

mochila

Mediante dinámicas teatrais, que crean un contexto pedagóxico, ilustrativo e á vez protexido, abordaremos as tres perspectivas do acoso escolar (acosador, acosado, observadores) e ofreceremos claves e ferramentas que lle permitan ao alumnado previr, detectar e romper unha situación de acoso.