Biblioteca dixital

Neste apartado recompilamos os recursos bibliográficos e audiovisuais que nos resultan de interese e que son, na nosa opinión, fonte de aprendizaxe e inspiración para o labor socioeducativo.

Intelixencias múltiples

Howard Gardner revolucionou o mundo da educación e da psicoloxía do século XX coa súa teoría das intelixencias múltiples. Esta teoría, recollida no libro Frames of Mind: The Theory of Multiple Intelligences (1983) cuestiona o paradigma da intelixencia única para propor a existencia de múltiples intelixencias, que se interrelacionan e que resolven problemas de distinto tipo. Libro imprescindible para deseñar situacións de aprendizaxe adaptadas!

INTELIGENCIAS-MULTIPLES

E para saber aínda máis, este vídeo:

Emocións

Ecoloxía emocional

Nesta ocasión queremos compartir con vós unha proposta didáctica realmente interesante e innovadora, a “Ecoloxía emocional”. Esta proposta trata as emocións usando como metáfora a ecoloxía, deste xeito trabállanse ambos os aspectos dunha maneira lúdica e motivante.

Estes son dous dos libros publicados con este enfoque.

energias-y-relaciones-para-crecer

como-esta-el-clima
Tamén vos deixamos o enlace á súa páxina web, moi interesante!!

http://www.ecologiaemocional.org/

 

Aprendizaxe social e emocional

Interesantísima entrevista a René Diekstra, profesor de psicoloxía da Universidade de Utrecht, con valiosas claves e reflexións acerca da aprendizaxe social e emocional.

Educación
libro

Pepa Horno

Gústanos especialmente este libro de Pepa Horno, psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección. É un libro revelador, que visibiliza as mensaxes educativas que lexitiman a violencia e propón alternativas a estas mensaxes. Porque outra forma de educar aos nenos e nenas é posible. Moito por aprender e desaprender. Grazas, Pepa Horno!

O seu blog persoal: http://www.pepahorno.es/

 

María Acaso

Libro moi recomendable para aquelas e aqueles que desexen transformar os espazos educativos. A autora propón cinco eixos clave:

  • Aceptar que o que ensinamos non é o que o estudantado aprende
  • Cambiar as dinámicas de poder
  • Habitar a aula
  • Pasar do simulacro á experiencia
  • Deixar de avaliar para pasar a investigar

Unha perspectiva que abre moitos novos camiños. Que o desfrutedes!

reduvolution

 

Umberto Eco

Recomendamos o libro “Historia de la belleza”, de Umberto Eco, no que se fai un percorrido polo ideal de beleza dende a arte da antiga Grecia ata a actualidade. Realmente interesante para reflexionar sobre estes imperativos sociais.

historia-de-la-belleza-umberto-eco-ref2595

 

Creatividade

Coñecidísima charla de Ken Robinson cunha pregunta fundamental: As escolas matan a creatividade? Tamén algunhas respostas :-)