Condicións de uso

As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o usuario/a a realizar un bo uso da web. Non se permiten condutas que vaian contra a lei, os dereitos ou intereses de terceiros. Ser usuario da web de www.educultoras.es implica que recoñece ter lido e aceptado as presentes condicións e o que as estenda á normativa legal aplicable nesta materia.

Se polo motivo que sexa non está de acordo con estas condicións, non continúe usando esta web.

Calquera tipo de notificación e/ou reclamación soamente será válida por notificación escrita e/ou correo certificado.

RESPONSABILIDADES

“Educultoras,s. coop. galega educativa e cultural” non se fai responsable da información e contidos almacenados en foros, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do prestador. Non obstante, tendo en conta os art.º 11 e 16 da LSSI-CE, “Educultoras, s. coop. galega educativa e cultural” comprométese á retirada ou no seu caso bloqueo daqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública.

Tampouco a empresa se responsabilizará dos danos e prexuízos que se produzan por fallos ou malas configuracións do software instalado no ordenador do internauta. Exclúese toda responsabilidade por algunha incidencia técnica ou fallo que se produza cando o usuario/a se conecte a internet.

Igualmente non se garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ao sitio web. Así mesmo, “Educultoras, s. coop galega educativa e cultural” resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida na súa páxina web, así como a configuración ou presentación deste, en calquera momento sen asumir ningunha responsabilidade por iso.

Comunicámoslle que calquera prezo que poida ver na nosa web será soamente orientativo. Se o usuario/a desexa saber con exactitude o prezo ou se o produto no momento actual conta con algunha oferta da cal se pode beneficiar é preciso acudir ao local social de “Educultoras s. coop. galega educativa e cultural“.