O noso enfoque

PRIMEIRO A PERSOA

Entendemos a persoa como o centro de todo proceso socioeducativo, para o cal se fai imprenscindible o fomento da autonomia persoal e a educación emocional.

Coeducación

A igualdade e a equidade entre homes e mulleres é un valor transversal en todas as nosas propostas e actividades.

Creatividade

Na sociedade actual, tan cambiante, a creatividade convértese nun recurso imprescindible para ser capaces de dar respostas aos problemas actuais e de xerar novas e orixinais preguntas.

Aprendizaxe ao longo da vida

Cremos que a aprendizaxe vai máis alá dun contexto e período da vida determinado. De feito, aprendemos en calquera lugar e en calquera momento.

Respecto polo medio natural

O fomento dun uso responsable dos recursos así como o respecto e valoración do medio natural como escenario da vida é outro dos valores transversais das nosas actividades.

Traballo cooperativo

As actividades realizadas de xeito cooperativo resultan altamente motivadoras e enriquecedoras. O consenso, diálogo e as habilidades sociais son a base do seu éxito.

QUE PRECISAS?

consúltanos e nós faremos
Ofrecemos
  • Actividades Complementarias

    "Coeducación:rompemos roles e esterotipos", "Un corpo 10?Un corpo san!", "Coñecer a rede, navegar seguro", "Acoso escolar, análise e prevención"

  • Actividades extraescolares

    Expresión artística, Innovación creativa, Desenvolvemento físico, Estimulación cognitiva, Actividades adultos

  • Programas de conciliación familiar

    En períodos vacacionais, polas tardes e fins de semana

  • Proxectos educativos e culturais

    Destinados a organismos de ámbito cultural: museos, asociacións, colectivo de artistas...

educultoras

somos
Subir imagen

Iria Pichel

Achega a profesionalidade dunha mestra por principios, chea de creatividade e con ampla formación en innovación educativa.
Subir imagen

Graciela Rivas

Entusiasta, sempre con ideas e novos proxectos en mente, é posuídora da enerxia precisa para levalos a cabo.
Subir imagen

Sandra Vázquez

Soñadora e paciente, achega a templanza que precisa o grupo de traballo e que identifica á docente, que o é de corazón.
Subir imagen

Noa Carrera

Esixente e inconformista por natureza, sempre na procura da máxima calidade en cada traballo.
Subir imagen

Elena Lloves

Destaca pola súa dedicación ilimitada, bo facer e extraordinaria sensibilidade con cada necesidade dos pequenos e pequenas.

o que nos nutre...

Últimas novas

O que foi, o que é, o que será

Contacta con nós

Calquera dúbida, suxestión...